Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Artigo destacado

Giraffe Mikumi National Park.jpg

A xirafa (Giraffa) é un xénero de mamífero artiodáctilo propio de África, o animal terrestre vivo máis alto e o maior ruminante. O xénero comprende varias especies, incluíndo a Giraffa camelopardalis que é a especie tipo. Sete destas especies están extintas. O xénero considerábase unha soa especie con numerosas subespecies, pero tras investigacións do seu ADN pasou a facerse unha clasificación de catro especies dentro do xénero Giraffa: Giraffa giraffa (xirafa do sur), Giraffa tippelskirchi (xirafa Masai), Giraffa reticulata (xirafa reticulada) e Giraffa camelopardalis (xirafa do norte). As características principais deste xénero son o seu longo pescozo e patas, dúas protuberancias na cabeza e as marcas distintivas na pelaxe, e cada unha das catro especies distínguese segundo os padróns destas marcas ademais de pola súa xenética. O xénero clasifícase dentro da familia Giraffidae xunto ao seu parente máis próximo, o ocapi.

A área de distribución da xirafa esténdese dende Chad ao norte ata Suráfrica no sur, e desde o Níxer no oeste ata Somalia no leste, e comprende hábitats de sabanas, sabanas arboradas e bosques abertos. A súa fonte primaria de comida son as follas de acacia, árbores que crecen ata alturas ás que a maioría dos outros herbívoros non poden chegar. O principal predador da xirafa é o león, aínda que as crías son tamén cazadas por leopardos, hienas e licaóns.

Está clasificada pola IUCN como vulnerable, xa que a súa área de distribución orixinal se foi reducindo considerablemente dende os primeiros estudos da especie, e algunhas das subespecies foron clasificadas pola IUCN como ameazadas en perigo de extinción. Segundo a IUCN o número de individuos desta especie reducíuse entre un 36 % e un 40 % dende o ano 1985 ata chegar a uns 95 700 individuos vivos en liberdade na natureza no ano 2015.

Sobre Galicia

Eugenia Osterberger.jpg

Eugenia Osterberger, nada en Santiago de Compostela o 20 de decembro de 1852 e finada en Niza o 8 de febreiro de 1932, foi unha compositora galega do romanticismo. Filla dunha coruñesa e un gravador e litógrafo alsaciano, Osterberger pronto amosou interese pola música, aprendendo dende nena a tocar o piano. Anos despois do seu regreso de formarse en Francia casou co enxeñeiro francés Francisco Saunier e instalouse na cidade da Coruña. Na cidade herculina Osterberger mantivo relación non só con destacadas personalidades da música galega do seu tempo, senón tamén da literatura, como Emilia Pardo Bazán, integrándose na sociedade El Folk-Lore Gallego, que presidía a propia Emilia. Polas súas achegas no campo da música foi nomeada membro correspondente da Real Academia Galega cando esta se fundou en 1906. En 1908 trasladouse coa súa familia á cidade de Niza, onde residiu ata a súa morte.

Tal día como hoxe no ano...

Franco0001.PNG

Hoxe é o Día Universal do Neno (tamén chamado Día Internacional dos Dereitos do Neno) e o Día da Industrialización de África.

Imaxe da semana

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 93 059 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 275 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento